Entre o 24 de
febreiro e o 17 de maio os días medran, as flores comezan a alegrar os campos,
nace a primavera, e as maleducadas do mundo inauguramos o noso trimestre
rosaliano Canta Rosalía. Como unha
primavera para Galicia e para o mundo das letras nace un 24 de febreiro de 1837
a nena Rosalía de Castro, e como camelias ábrense os seus Cantares Gallegos un 17 de maio de hai xa 150 anos, conmemoración
que moitos anticipan ao día do seu aniversario co son das gaitas
chorando a súa figura, pois como ela mesma declarou:
anque mimosa gaitiña
toque alborada de groria,
eu podo decirche:
Non canta, que chora.
Van medrando os
días, e medran tamén os actos e xestos en memoria da escritora que desdeñaba
que a chamasen poetisa por consideralo despectivo. Poeta, pois, es para
nosoutras, que te upamos ao máis alto do podio maleducado polos versos e
escritos que nos legaches, e pola túa defensa da lingua falada polo pobo e a
túa denuncia contra o menosprezo xeneralizado cara as mulleres e as maleducadas literatas en particular.
Descansa en paz: outras continuamos a túa loita.
Por iso, para non
esquecer o camiño galaico e feminista
desarborado pola nosa musa favorita, principiamos unha axenda en paralelo
galego-castelá á que denominamos Canta
Rosalía para espallar a súa obra, e que a poeta volva cantar as súas
verdades ao vento. Esta semana que entra: rebentemos as caixas de correos con fragmentos da súa Carta a
Eduarda! DESCARGA AQUÍ MESMIÑO UN MODELO PARA IMPRIMIR
Descarga o documento con fragmentos de Carta a Eduarda, imprímeo, recórtao e espállao! --> DOCUMENTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario