5 nov. 2011

BREVE MANIFESTO DE ESCRITORAS MALEDUCADAS

[17 de maio de 2012: Pola data da entrada veredes que o proxecto maleducado naceu a un tempo en dúas plataformas blogueiras, pero para concentrar o traballo decidímonos pola outra. Non obstante, esta plataforma quedou á espera, e é momento de estreala cun texto de luxo: o auténtico "Breve manifiesto de escritorias maleducadas" traducido ao galego!]

Novembro 2011

En toda a historia da literatura existiron (e existen), como é natural, mulleres escritoras. Porén, para poder escribir debían actuar en contra das normas sociais de conduta que lles presupoñían ás integrantes do sexo feminino. Basicamente, en casa e pata (e cabeza) quebrada (nota 1). Hogano, en moitos países as mulleres conseguiron avances impensables hai cen anos, como a igualdade legal. Pese a isto, aínda quedan moitas cousas por facer para que esa igualdade sexa realmente efectiva (nota 2). Como mostra, fomos repasar as listaxes de novidades editoriais, premiados e académicos numerarios das linguas galega e española, e atopamos nelas unha absoluta preeminencia dos varóns (aspecto que iremos analizando polo miúdo en entradas posteriores).

Manifestamos, logo, o noso descontento perante esta situación e sentímonos na obriga de rachar coas normas sociais de conduta para reivindicar o lugar que as mulleres merecen no Olimpo da literatura. Con toda a mala educación posible, que se nos vexa!

(nota 1: CABANES JIMÉNEZ, Pilar. Antología didáctica de escritoras en la historia)
(nota 2: EXTREMADURA. Escuela de Administración Pública. Guía de formación para la incorporación de la igualdad en la administración pública)